
¿tanto teñen cambiado os tempos? ¿tan ben estamos?
Pouca xente lles da un premio ás mulleres que ademáis de traballar cobrando un salario, traballaron gratis na casa horas e horas.
Pouca xente lles permite ás mulleres víctimas de violencia ou abusos sexuais falar libremente do tema e desfogarse.
Pouca xente comprende as obrigas socioculturais das mulleres.
Moitas persoas (homes e mulleres) inda cren que as mulleres están, exclusivamente, para satisfacer as necesidades sexuais dos homes e procrear.
Cando unha muller non ten relacións é unha estreita. Cando as tén é unha golfa, atrevida, "puta", guarra.
Cando unha muller se ocupa das responsabilidades das que outras persoas non se ocupan ninguén lle da as grazas. Cando non se ocupa, moita xente a sinala.
Moitas veces son mulleres as que tratan sen respeto a outras mulleres. Moitas mulleres actúan coma manipuladoras sexuais para obter o que queren, en contas de facelo polo camiño limpo. Moitas mulleres actúan coma escravas da estética, deixando de lado a súa saúde.

Bocetos que fago ás veces en papeis que atopo. Non sempre se tén unha libreta limpiña para debuxar o que ás mans se lles antoxa (por cuestións de cervicais, é inviable levar unha sempre no bolso)... Esta podería ser unha muller libre, ou unha escrava da estética... douvos liberdade para poñerlle a historia.
