ALLEOS


Alleos é unha banda deseñada de creación propia que parte de análises sobre como está a funcionar o mundo e sobre o comportamento das masas sociais e dos diferentes individuos, segundo a crudeza das circunstancias.
Relata como varias persoas, en situacións críticas diferentes, dan un xiro radical á súa vida apostando por algo sorprendentemente diferente ao que estaban afeitos... Paralelamente xorde a historia dun cidadán encerrado no seu entorno cotián, cada vez máis superficial e antinatural. Un cómic de ciencia ficción cun estilo gráfico que fai énfase na expresividade.
Esta obra ten bastante en común co 15M e cos movementos sociais contra a "crise". Curiosamente, foi parida no 2009, previamente ao movemento. De feito, ao facer este proxecto, a autora viviu moitas experiencias emocionantes e novidosas, no proceso de documentación (voluntariado no Encontro da Rede Ibérica de Ecoaldeas, cursos de bioconstrucción, permacultura, finanzas éticas...). Realmente non é só un proxecto, senón unha experiencia vital de abrir as portas ao coñecemento dunha sociedade paralela, descoñecida para a maioría. De feito, o que moitos ven coma unha utopía, resulta ser real e estarse levando a cabo.

SOMENTES QUEDAN 16 DÍAS E FALTAN 2886€ PARA CHEGAR AO OBXECTIVO
Por 5€ podedes facervos cun exemplar dixital, con 15 cun exemplar impreso e adicado!
e máis opcións, inclusive para librerías.

Estou recibindo apoio de diversas persoas, cooperativas, etc. Por iso estou moi agradecida!!

Podedes ver máis e colaborar coma mecenas a cambio de recompensas en Verkami: