Xa podedes ver a exposición organizada por ADEGA "Rir por non chorar", na praza de San Marcos en Lugo. Estará ata o día 10 de xullo. A mostra trata sobre os ataques ao noso territorio e o seu patrimonio natural/ cultural.

Arriba tedes a viñeta coa que participei. Non teño nada en contra dos koalas, todo o contrario, sei que están en moi mala situación. A viñeta vai enfocada máis ao tema das fumigacións para protexer aos eucaliptos do gorgullo, cun producto químico que perxudica (entre outras) ás abellas, desorientándoas. Calqueira día nos atopamos cunha plaga de koalas... Que paradoxa.

Algún día as persoas entenderemos que xogar a ser deuses que poden modificar ata a natureza, sen límites, ten consecuencias para TODOS por igual.

Moito ánimo e forza a tódalas asociacións ecoloxistas! a nosa natureza non ten prezo porque o seu valor é incomparable.

Grazas polo voso traballo:
ADEGA, Amigos da Terra, Greenpeace, Plataforma Galega Antitransxénicos, Verdegaia, Nunca Máis, Lumes Nunca Máis, Movemento Ecoloxista da Limia, Sindicato Labrego Galego, produtores e distribuidores de agricultura e gandeiría ecolóxica... a loita continúa pacíficamente, coa educación da sociedade.

Enlace á nova sobre a exposición, na web de ADEGA.